Así son os novos terminais de entrada de ACER

ACER tamén elixiu este MWC para presentar dous termiais que podemos situar na gama media e baixa. Son os Liquid Z630S e o Liquid Test.

Acer Liquid Z630S

Acer-Liquid-Z630

Este modelo é unha revisión do Z630 que lanzou uns meses atrás. Podemos destacar que agora ten unha carcasa curva e destaca polos seguintes compoñentes:

  • Pantalla de 5,5 pulgadas IPS que incorpora unha tecnoloxía que controla a exposición de azul na pantalla.
  • Procesador MediaTek MT6753 de 64 Bits a 1,3GHz.
  • 3 GB de RAM.
  • 32 GB de almacenamiento interno.
  • Cámara principal de 8 MP e dianteira de 8 MP.
  • Batería de 4.000 mAh.
  • Conexións: LTE Cat4, WiFi 802.11 b/g/n e Bluetooth 4.0
  • Lollipop 5.1

Ademáis conta con algunhas solucións de software interesantes. Sempre que teñamos un PC tamén ACER podemos enviar arquivos con só arrastrar e soltar de xeito inarámico grazas a AcerEXTEND.

Podemos mercar xa este terminal por 229 euros.

ACER Liquid Zest

Acer-Liquid-Zest

Esta é unha nova familia dentro da marca que está composta por dous terminais que son o Liquid Zest e o Liquid Zest 4G. Destes termianis destacamos:

  • Pantalla IPS de 5 pulgadas HD.
  • Procesador de cuatro núcleos a 1,3 GHz e 1GHZ na versión 4G.
  • Cámara principal de 8 MP e dianteira de 5 MP cun gran angular de 85º.
  • DTS®Sound Studio no Liquid Zest e DTS HD Premium Sound para  o Liquid Zest 4G.
  • Android 6.0 Marshmallow.

O Liquid Zest estará no mercado en abril desde 109€ e a versión de 4G sairá un pouco máis tarde, en maio, por 149€.

Sobre o autor

Reply