Doro presenta tres terminais para as usuarias de máis idade

Doro presentou durante o MWC a súa nova oferta de terminais 3G que está composta por tres smartphones. Son o Doro 6520, 6525 e 6530.

Os tres terminais son de tipo cuncha que incorporan funcionalidades actuais coma o mail, rrss, ou navegación web que van dirixidos ás usuarias que buscan teléfonos sen complicacións e sobretodo, cun teclado físico. Este tipo de teclado é un elemento que botan en falta as clientas de maior idade, segundo un estudo da compañía, ademáis 2 de cada 3 seniors buscan un móbil con cámara e botón de emerxencia.

Doro 6520 - Champagne & White_b

Os tres teñen en común a pantalla de 2.8 polgadas, sonido HD e compatibilidade con audífonos tipo HAC que ofrecen unha calidade óptima, pois nos maiores de 65 anos, 1 de cada 3 ten problemas auditivos. Por ser terminais para un público moi específico, non se renuncia á conectividade por bluetoothn, linterna e radio FM. Debemos sinalar que o Doro 6530 é o máis avanzado pois conta con GPS incorporado.

Doro 6530 Black & Pearl White_b

Ademáis estes terminais teñen a posibilidade de que ao premer unha tecla, unha locución informa á usuaria de que tecla está premendo, o que facilita o seu uso a persoas con deficiencias visuais.

Estes tres ternminais chegarán ao noso país durante o segundo semestre do ano.

Sobre o autor

Reply