InnJoo 2, o novo smartphone de InnJoo

Durante a mañá asistimos á presentación deste novo terminal da empresa InnJoo, o InnJoo Two. Este novo dispositivo conta cun corpo de metal e destaca tanto as esquinas redondeadas coma o coidado deseño exterior que conta cunha aleación de aluminio que se aporta firmeza e a sensacións na man son semellantes a un terminal de gama superior. Ademáis é un terminal moi delgado de tan só 7.3 mm e lixeiro, 126 gramos, que axuda a esta boa sensación.

innjoo 2 mwc 02

As súas especificacións son:

  • Pantalla de 5 polgadas HD, 720p.
  • Procesdor Octa-Core MTK6753 Octa Core 1.3GHz.
  • 2GB de RAM.
  • 16GB de almacenamento interno con soporte para microSD até 128GB.
  • Conectividade LTE e dual SIM.
  • Cámara principal e dianteira de 13 MP.
  • Batería de 3200 mAh.

Destacamos a presenza neste terminal tanto dun lector de pegadas datilares coma a camara dianteira de 13 MP especialmente pensada para todas as selfie-adictas. O Innjoo Two estará no mercado o vindeiro mes a un prezo de 199 euros.

No Responses

Deixa un Comentario