Moto G e Moto E manterán o nome no noso país

Moitas son as dúbidas que se presentaron logo de que o fabricante americano fose mercado por Lenovo. Durante o MWC16 non anunciaron nada novo en relación a estes terminais, pero se cadra fixeron algo máis importante: aclarar o que vai acontecer cunha das familias máis importantes para Motorola, o Moto G e tamén sobre o Moto E.

moto-g-2015

Segundo confirma a empresa, tanto Moto coma os Lenovo-Vibe van convivir e non terán por que competir nos mesmos mercados, é dicir, nos EUA por exemplo ten moito máis peso Moto ca Lenovo-Vibe, polo que os terminais polos que máis forte van a apostar serán os Moto, pero non se descarta tampouco que terminais Moto e Lenovo compitan entre si.

lenovo vibe x3 - 1

Desde Lenovo teñen claro que cada marca svai dirixida a un tipo de consumidora, pois os terminais baixo a marca Moto apuntan a usuarias interesadas na innnovación, Lenovo-Vibe apostar por clientas preocupadas na relación calidade-prezo. Esta afirmación supón un novo camiño, pois os terminais baixo a marca Moto eran terminais innovadores de calidade e cun prezo moi axustado, principalmente na gama media e baixa.

Sexa como fose, é unha boa nova ca unha familia da transcendencia dos terminais Moto, non se esqueza ás primeiras de cambio.

vía

Sobre o autor

Reply