Sandisk Extreme Pro UHD-II a nova microSD ultrarápida

Quen dixo que as SD estaban mortas nos smartphones? Primerio vivimos aquela corrente pola que a tendencia era eliminar o slots para almacenamentos externos dos terminais e agora, neste MWC16 vemos como os terminais que queren ser os mellores do ano, o LG G5 e o Galaxy S7 volven a apostar polas tarxetas microSD.

Precisamente por isto, e pola crecente demanda de capacidade nos drones e cámaras de acción, SanDisk vén de lanzar unha nova microSD á altura destes dous smartphones. A tarxeta recibe o nome de Sandisk Extreme Pro que pode escribir a unha velocidade de 100 MB/s e pode ler até os 275 MB/s. Unha auténtica barbaridade coa que se pretende que o usuario non sexa quen de diferenciar se estamos movendo arquivos na memoria interna ou na externa.

sandisk extrem pro 64

Ademáis se temos dispostivos compatibéis co estándar Extreme Pro UHD-II podemos sacarlle todo o partido a estas tarxetas, preparadas especialmente para o contido 4K, que ademáis podemos volcar no PC de xeito moi sinxelo e rápido grazas ao adaptador usb 3.0 que se inclúe.

Temos esta microSD no mercado en dúas capacidades, unha de 64 GB e outra de 128 GB a un prezo de 160 e 320 euros, respectivamente.

Deixa un Comentario