ZTE tamén aposta pola gama media con dous novos terminais

Mentes a meirande parte dos fabricantes de smartphones teñen posto o ollo en dar cun terminal tope de gama co que sacar peito, ZTE ven de demostrar no MWC que se está a celebrar este días, que non deixa de lado a gama media nin moito menos. Para ver que vai en serio o seu interese nesta gama, ZTE presentou en Barcelona o Blade V7 e o V7 Lite.

ZTE Blade V7

zte blade v7 mwc

Este terminal conta cun corpo metálico e como xa ven sendo habitual ten certo parecido aos últimos modelos de iPhone. Malia estas semellanzas, é de agradecer a preocupación dalgunhas marcas por achegar acabados premiums a estas gamas. Das especificacións técnicas destacamos:

  • Pantalla de 5,2 pulgadas fHD cun IPS panel curvado 2.5D
  • Procesador octa-core MediaTek MT6753 a 1.3 GHz.
  • 2 GB de RAM.
  • 16 GB de ROM que se complementa cunha microSD.
  • Cámara principal de 13 MP con flash LED e dianteira de 5 MP.
  • Conectividade LTE e dualSIM.
  • Batería de 2.500 mAh.
  • Android 6.0 Marshmallow.

ZTE Blade V7 Lite

zte blade v7 lite mwc

O V7 conta cunha versión máis lixeira, o Blade V7 Lite. Este modelo ten un procesador que corre 1 GHz e semella que é quen de mover Android 6.0, veremos se (sen agardar marabillas) o fai con axilidade ou non. O seu hardware é o seguinte:

  • Pantalla de 5 pulgadas fHD e tecnoloxía IPS con pánel cristal curvado 2.5D.
  • Procesador Quad Core MediaTek MT6735P 64-bit a 1.3 GHz.
  • 2 GB de RAM.
  • 16 GB de ROM máis microSD.
  • Cámara principal de 8 MP e diantira de 8MP, ámbalas dúas con flash LED.
  • Conectividade LTE e dualSIM.
  • Batería de 2.500 mAh.

Malia ser terminal de gama baixa, ZTE decidiu incluir un lector de pegadas dixitais no Blade V7 Lite o que sempre é de agradecer. Estes dous terminais poderémolos mercar en cor ouro ou prata entre a primavera e o verán deste ano. Os prezos polo de agora non se fixeron públicos.

Sobre o autor

Reply