A nova Samsung Gear 360 xa está en prevenda por 399 €

Xunto aos novos Galaxy S7 / S7 Edge, Samsung anunciou o pasado domingo a Gear 360, unha cámara en 360 graos que permite gravar contidos para os sistemas de realidade virtual.

A Gear 360 está equipada con dúas cámaras CMOS con apertura f/2.0 que se encargan de captar 180 graos cada unha, imaxes que unen en tempo real para formar unha única imaxe seguida. Ademais dispón dun micrófono estéreo para gravar o son, batería propia e certificación IP53 que a protexe de leves inclemencias meteorolóxicas.

Como podemos ver no seguinte vídeo, manáxase a través dunha aplicación deseñada por Samsung para o seu uso.

Algo que non comentaron durante a súa presentación foi o prezo co que sairá ao mercado, mais Amazon vén de poñela en prevenda por 399 €. Se estades interesadas, podedes reservala desde esta ligazón.

Deixa un Comentario