Así é o Mi5, o flagship de Xiaomi

Esta mañá presentouse de xeito oficial o novo Xiaomi Mi5, o terminal máis potente da empresa chinesa.

xiaomi mi5 02 mwc

O Mi5 é un rival a ter moi en conta polo resto de gama alta do ano, pois chega para competir con mellores tanto en compoñentes coma en prezo. As características deste terminal son as seguintes:

xiaomi mi5 01 mwc

  • Pantalla LCD IPS de 5,15″ QHD 1440 x 2560 pixels e 554 ppi.
  • Procesador Snapdragon 820 Quad-core a 2,2 GHz.
  • GPU Adreno 530.
  • 3 ou 4 GB de memoria RAM LPDDR4.
  • 16, 64 ou 128 GB de almacenamento interno.
  • Cámara principal de 16MP con sensor Sony IMX298.
  • Cámara dianteira de 4 MP.
  • USB Tipo C.
  • Sensor de pegadas dixiais Ultrasound na parte dianteira.
  • 3.000 mAh con carga rápida.
  • Miui7, baseada en Android 6.0 Marshmallow.

A todos estes compoñentes de primeiro nível, temos que engadir que a cámara conta con estabilizador óptico de imaxe de catro eixos e segundo Xiaomi sorprenderá en situacións de pouca luz grazas á tecnoloxía DTI que reduce o ruído baixo estas condicións. Ademáis o Mi5, como non podería ser doutro xeito é un terminal 4G+ que ofrece unha velocidade máxima de conexión de até 600 Mbps.

xiaomi m5i camara mwc

En canto aos acabados do smartphone, destacamos o corpo metálico e o acabado en cerámica da parte traseira que supón unha evolución respcto ao cristal polo que apostan outra marcas. Temén nos chamou a atención a especial preocupación da marca por conter o tamaño do terminal axustando moito os marcos ao redor do pánel IPS.

Prezo e dispoñibilidade

xiaomi mi5 prices mwc

O Mi5 estará dispoñíbel en tres cores e os prezos varían en función do almacenamento interno. Deste xeito o o módelo de 32 GB e 3 GB RAM custará 277€ o de 64 GB con 3 GB de RAM custará 319€ mentres que o de 128 GB xa con 4 GB de RAM chegará aos 375€. Como podedes ver son prezos moi inferiores a calquera terminal da competencia e similar hardware.

Sairá primeiro na China o 1 de marzo, para pouco despois chegar ao restos de países.

No Responses

Deixa un Comentario