General Mobile 5 Plus, o terminal Android One de maior pantalla até o de agora

Inicialmente concebido para democratizar o acceso a terminais de calidade con prezos low cost, Android One está a mudar os seus obxectivos, e os últimos dispositivos anunciados medran cara a gama media. Un bo exemplo é o bq Aquaris A4.5, que probamos hai pouco, e outro o novo General Mobile 5 Plus, presentado no Mobile World Congress.

general mobile 5 plus -3

Incorpora unha pantalla de 5,5 polgadas con resolución FullHD, a máis grande das vistas até o de agora nun Android One, que vén protexida con Gorilla Glass 4 e cunha curvatura 2.5D. No seu interior atopámonos un procesador Qualcomm Sanpdragon 617, 3 GB de memoria RAM e 32 GB de memoria interna, ampliábeis mediante tarxetas microSD.

Tanto a cámara principal como a frontal son de 13 megapíxeles, aínda que a situada na parte traseira dispón de dobre flash LED. A batería é de 3100 mAh, e como opcións de conectividade temos LTE Cat 7 e conector USB tipo C.

general mobile 5 plus - 2

Como podemos ver, o dispositivo ten unhas características máis ca interesantes, que o sitúan como a opción máis ambiciosa de todos os Android One actuais. Cómpre lembrar que estes dispositivos reciben as actualizacións directamente da man de Google, o que os convirte nunha sorte de Nexus.

Sobre o autor

Reply