Nubook 10 e 11, aos novos convertibéis de Wolder con RemixOS

A empresa con sede en Cantabria presentou estes días duas equipas convertibéis que corren con Remix OS, un sistema operativo baseado en Android nacido para corrixir os problemas de produtividade do SO de Google. As equipas que vos imos achegar son a Nubook 10 e Nubook 11.

nubook 02 mwc

As diferenzas nas características entre estas dúas equipas son mínimas. Como o seu nome indica, o Nubook 10 monta unha pantalla de 10,1 polgadas e o Nubook 11 unha de 11,6″, que xiran 360º para facilitar o uso tamén como se fose unha tablet. Como o segundo deles ten unha maior pantalla, tamén ten espazo para unha batería de máis capacidade chegando aos 8000 mAh, mentres que a batería do Nubook 10 queda nos 6000 mAh. No apartado fotográfico tamén atopamos diferenzas, pois o Nubook 11 ten dúas cámaras de 5 MP mentres que o Nubook 10 ten a principal de 5 MP e a dianteira de só 2 MP.

As semellanzas están nas seguintes compoñentes: o procesador que monta esta equipa é un Intel Atom Cherrytrail de catro núcleos con 2 GB de RAM e 32 GB de memoria interna. Os dous PC contan con conexión WiFi e Bluetooth 4.0, pero sen soporte para unha liña móbil. Ambos os dous dispoñen de portos USB, micro HDMI e mesmo un slot para microSD.

O material elixido para súa construcción, plástico, vai en relación directa co seu prezo, e ademáis estarán dispoñibéis en 4 cores: negro, branco, azul e amarelo.

nubook 03 mwc

En canto ao sistema operativo, Remix OS, ten que quedar claro que é un proxecto en desenvolvemento que aposta por Android para o escritorio, e por iso están a desenvolver un sistema de multitarefa e multiventana renovados e totalmente funcionais. Por iso aspecto de Remix OS é dun Windows tradicional no que se poden instalar apps da Play Store, pois é un fork de Android.

Estas equipas forman parte dun ambicioso proxecto no que participa Wolder, mais até o segundo trimestre do ano non se verán nin o Nubook 10 e 11 no mercado. O seu prezo será de 200 e 250 euros, respectivamente.

Sobre o autor

No Responses

Reply