Oppo anuncia no MWC unha tecnoloxía para cargar o móbil en só 15 minutos

OPPO era un dos fabricantes que xa dispoñía de carga rápida para os seus terminais, pero agora durante o MWC presentou unha evolución desta tecnoloxía, a Super VOOC que é moito máis rápida ca actual e coa conseguen unha carga completa do terminal en tan só 15 minutos.

Pero claro, con estos 15 minutos que batería estamos a cargar? Hoxe ne día hai unha morea baterías con diferentes capacidades que poden variar entre 2000, 3000, 4000 mAh ou incluso máis. A xente de OPPO, di que os 15 minutos son os que precisa unha batería de 2500 mAh totalmente descargada nun “ambiente controlado” para acadar unha carga completa.

super vooc oppo mwc 01

Aínda que temos certas dúbidas sobre que significa “ambiante controlado”, o certo é que sen importar se o porto é microUSB ou USB Type-C, os datos de carga dos terminais OPPO que conten con esta tecnoloxía, serán do mellor do mercado.

Como vemos a cotío, semella que os fabricantes elixiron contrarrestar as queixas das usuarias pola escasa capacidade das baterías con tempos de cargas moi axustados. Con isto o que consiguen non é arranxar os problemas, senón que en calqueira momento do día, conectemos o smartphone e en poucos minutos telo operativo de novo.

Sobre o autor

Reply