Coolpad chega ao noso país co Coolpad Modena

Durante o MWC son constantes as novas procedentes da China pois o peso deste país na insdustria e enorme. Desta volta a nova relacionada co país asiático é a chegada ao noso país dun novo fabricante que se chama Coolpad.

Modena con logo

Coa chegada da empresa ao noso mercado, Coolpad quixo presentar o primeiro terminal que poderemos mercar da marca que se comercializa co nome de Coolpad Modena. En canto ás súas características técnicas podemos destacar:

  • Pantalla de 5,5 polgadas IPS
  • Procesador Snapdragon 615, octa-core até 1,5 Ghz.
  • 1 GB de RAM.
  • 8 GB de memoria interna.
  • Cámara principal de 8 MP con flash LED que conta con diferentes modos: HDR, captura sonrisas, efecto noite,.. e dianteira de 2 MP.
  • Conectividade: LTE, NFC e dualSIM.
  • Batería de 2500 mAh.
  • Android 5.0, Lollipop.

O Coolpad Modena está xa á venta en dúas cores, negro e branco, na web de MediaMarkt por un prezo de 157 euros.

Sobre o autor

No Responses

Reply