Xiaomi Mi4s un interesante terminal por menos de 250€

Xiaomi chegou forte ao MWC deste ano. Xa vos falamos do que a todas luces é o principal terminal da compañía, o Xiaomi Mi5. Este smartphone non foi o único terminal co que sorprenderon a xente de Xiaomi, senón que tamén presentaron o Xiaomi Mi4s, un terminal moi interesante a un prezo axustado.

xiaomi mi4s 01 mwc

As características principais son:

  • Pantallla fHD de 5 pulgadas con 441 ppi.
  • Procesador Qualcomm Snapdragon 808.
  • GPU Adreno 418.
  • 3GB de RAM.
  • 64 GB de memoria interna ao que se lle pode engadir unha microSD.
  • Cámaras Principal de 13 megapíxeles con flash LED.
  • Batería de 3260 mAh con carga rápida Quickcharge 2.0.
  • MIUI7, baseado en Android 6.0 Marshmallow.

Por se isto fora pouco, o dispositivoestá contruído en metal e cristal e conta cun lector de pegadas dixitais na parte traseira. Sairá primeiro na China o 1 de marzo, cun precio que se achega aos 235 euros e estará dispoñíbel en branco, ouro, negro e rosa.

Deixa un Comentario