Energy Phone Pro 4G e outras novidades de Energy Sistem no MWC

Energy Sistem foi ao Mobile World Congress de Barcelona cargado de novidades. O fabricante aproveitou a feira para dar a coñecer os últimos dispositivos engadidos ao seu catálogo de trebellos Android, aínda que tamén as novas opcións en materia de son.

No que ten a ver cos smartphones, amosaron o novo Energy Phone Pro 4G, un dispositivo cuns acabados premium en aluminio que nos deixou moi boas impresións, tanto en usabilidade como en deseño, onde se constata unha evolución que coida até o mínimo detalle, como a presenza dun LED no botón de acendido.

energy phone pro 4g - 2

Incorpora unha pantalla de 5 polgadas AMOLED HD, con resistencia Gorilla Glass 3, e no seu interior integra un procesador Qualcomm Snapdragon 616, de oito núcleos, con dúas configuracións RAM / memoria: 2 / 16 GB, no caso do modelo Pearl e 3 / 32 GB no Navy. As cámaras son de 13 e 5 megapíxeles, para principal e frontal respectivamente, e estarán dispoñíbeis por 199 € (Pearl) ou 229 € (Navy).

energy phone pro 4g - 3

En canto a tablets, anunciouse a nova Energy Tablet 10.1 Neo 3+, con pantalla de 10,1 polgadas, procesador de 8 núcleos, 2 GB de RAM, 32 GB de memoria interna (ampliábeis con microSD de té 128 GB), cámaras de 8 e 5 megpíxeles e Android 6.0 Marshmallow no seu interior. Terá un PVP de 199 €.

Audio e son

Finalmente, no apartado de son e audio, Energy Sistem presentou dous novos dispositivos pensados para as amantes da música. Trátase do sistema Energy Multiroom, que se compón polos Multiroom Portable WiFi, un altofalante portátil con 25W de potencia e a nova Multiroom Tower WiFi, unha torre de son de 60W.

energy multiroom portable wifi - 1

Estes trebellos poden ser manexados desde unha aplicación específica desenvolta pola xente de Energy, grazas á cal podemos reproducir unha canción diferente en cada dispositivo ou facer que soe a mesma en todos a un tempo, creando un sistema multiroom propiamente dito.

energy multiroom tower wifi - 1

Todas estas novidades estarán dispoñíbeis desde o mes de marzo, que vos parecen?

Deixa un Comentario