Huawei presenta a MediaPad T2 10.0 no MWC

Xa pecharon as portas do MWC, pero seguimos a ter moito que contarvos do que aló vimos. Entre as novidades deste ano, e malia que as tablets perderon gran parte do seu protagonismo, está a nova Huawei MediaPad T2 10.0 Pro.

huawei mediapad 10

As primeiras impresións tras unhas breves probas foron moi positivas, estando ante un produto que coida o seu deseño e, sobre todo, cunha pantalla FullHD de 10 polgadas que se ve moi ben. Internamente cabe destacar as seguintes especificacións:

  • Procesador SnapDragon 615.
  • 2GB de RAM.
  • 16GB de ROM + microSD.
  • Cámara principal de 8 mpx e unha dianteira de 2 mpx.
  • Conectividade: LTE, Wifi a/b/g/n/ac, Bluetooth 4.1
  • Batería de 6660 mAh.

Polo de agora, e a falta de probar a tablet en profundidade, a maior eiva que lle atopamos foi que sairá ao mercado con Android Lollipop (5.1). Pensamos que a estas alturas xa tería que vir con Android 6.0 Marshmallow de serie, aínda que a súa actualización foi anunciada.

Deixa un Comentario