Telefónica volve insinuar conexións fixas con límite de datos

Volven facelo. A presentación de resultados de Telefónica foi o escenario no que os directivos da compañía aproveitaron para lanzar un novo globo sonda sobre unha hipotética suba de prezos para quen desexe maiores velocidades ou mellores conexións fixas.

Do mesmo modo, volveron poñer sobre a mesa a posibilidade de cobrar polas conexións fixas de acordo co volume de datos consumidos, un esquema semellante ao que se emprega na telefonía móbil. Na compañía pensan que é xusto que quen menos consume pague menos, aínda que isto claramente perxudica ás usuarias máis avanzadas, que acabarían pagando máis por ter conexións decentes.

Telefónica xa aplica este modelo noutros países nos que opera, como Chile, Arxentina ou Alemania, aínda que con límites medianamente altos (500 GB / mes). Malia ser improbábel que pase isto no noso país a curto prazo, non sería de extranar que fose o modelos dos próximos anos.

Que vos parece?

2 Comentarios

  1. Manuel 26 Febreiro, 2016 Responder
  2. Jose 27 Febreiro, 2016 Responder

Deixa un Comentario