Vodafone integrará os pagos con PayPal a Vodafone Wallet antes de rematar marzo

Vodafone e PayPal anunciaron durante o Mobile World Congress un acordo grazas ao cal as usuarias da plataforma de pagos móbiles Vodafone Wallet poderán integrar as súas contas de PayPal e facer pagos como se fose unha tarxeta Visa virtual nos máis de 710.000 establecementos comerciais que dispoñen de terminais de cobro NFC en España.

Vodafone Wallet é un servizo gratuíto que nos permite ter virtualizadas as nosas tarxetas bancarias (calquera tarxeta bancaria das entidades que operan no noso país), de maneira que podemos pagar axilmente co noso móbil grazas á tecnoloxía contactless, que día a día está a gañar máis peso en establecementos e máquinas vending por todo o mundo.

O acordo entre Vodafone e PayPal permitirá a partir de marzo integrar as contas deste servizo e facer compras con cargo a el. Ademais, a aplicación de Wallet permitirá acceder directamente á de PayPal para poder consultar os movementos realizados, de tal maneira que saibamos que compras temos feito.

Xa sobes usuarias deste tipo de métodos de pago?

Sobre o autor

Reply