Yoigo sae ao mercado (outra vez)

Se atendemos ao número de clientes, Yoigo é o cuarto operador estatal. O grupo sueco que controla a empresa, Telia Sonera, ten interese en desfacerse da súa participación e veñen de colocala no mercado por 600 millóns de euros. Este movemento pretende aproveitar os bos resultados de Yoigo no ano 2015 en relación ao ano 2014, pois no pasado ano conseguiu un 5% máis de ganancias.

Repasando un pouco a historia de Telia Sonera á fronte de Yoigo non é a primeira vez que se queren desfacer dela. Este é o terceiro intento. Nun primeiro intento, non se chegou a nungures e un ano despois Jazztel amosou interese por facerse con Yoigo, pero tampouco se pechou a operación. Desta volta, semella que é MasMóvil a que se quere facer coa operadora e está na procura dos cartos que piden os suecos.

Para MásMóvil sería unha boa compra para acelerar os seus plans de expansión e visivilidade no mercado español, a pesar de ser unha empresa moito máis pequena ca Yoigo. Nas vindeiras semanas veremos en que remata o asunto e veremos se á terceira, Yoigo consegue ser vendida.

Sobre o autor

Reply