Mininovas Android: a malla da semana. Especial MWC16

A familia Xperia Z desparece

sony xperia z3-4

Sony presentou durante o MWC tres novos terminais: os Xperia X, XA e X Performance que van sustituir á familia Xperia Z. Coa chegada da nova familia queda claro que os Xperia Z xa non teñen sitio, pois o X Performance por todo o que ofrece, ben se podería chamar Xperia Z6 pero a compañía xaponesa decidiu sacalo ao mercado cun novo nome e deixar de lado o antigo.

Qnovo presenta a carga adaptativa

qnovo carga adaptativa mwc

Nesta importante feira, a empresa Qnovo presentou unha nova tecnoloxía que chega par mallorar tanto a calidade como o proceso de carga das baterías dos novos terminais. Polo de agora esta tecnoloxía está presente nos novos terminais de Sony, os Xperia X, e permite medir en tempo real o estado terminal mentres se carga. Isto permite entre outras cousas, detectar unha suba que pode resultar perigosa da temperatura para a vida útil da batería, co que o sistema de carga baixa a cantidade de corrente até que a temperatura recupere uns valores normais.

Fujitsu aposta forte polo IoT

Fujitsu trouxo moitas solucións relacionadas co internet da cousas ao MWC deste ano. Destacamos:

Habitación interactiva, chea de proxectores. As que se atopen na habitación poden conectarse baixo a mesma IP e así cada un compartir contido. Imaxinade o potencial (vía)

Rastreador para vacas

ratreador vaca mwc

Con esta pulseira podemos identificar e controlar o gando se se move. Por que é isto importante? Unha vaca sexualmente activa e lista para a inseminación aumenta até 6 veces os tempos que pasea.

Caixeiros para bancos con NFC

fujitsu cajero mwc

Esta nova xeneración de caixeiros permite ás usuarias controlar o caixeiro desde móbil a traves de NFC e códigos QR grazas a unha minirede local.

 

Deixa un Comentario