Amena rebaixa de 100 a 40 GB o seu produto 4G alternativo ao ADSL, pero só para novas altas

Durante o verán pasado analizamos Amena en Casa, un servizo da marca low cost de Orange que nos permite disfrutar dunha conexión 4G na casa. Entre as vantaxes que comentabamos nese momento estaban os altos límites en canto a volume de datos incluídos, 100 GB para navegación e 5 GB para descarga por 29,95 €/mes. Superadas esas cifras seguiríamos a navegar ou poder descargar, aínda que xa a velocidade reducida.

A compañía vén de eliminar ese límite de 5 GB para descargas, a cambio tamén de reducir en 60 GB o tráfico total. Deste modo, agora Amena en Casa ofrece 40 GB de navegación e descargas polo mesmo prezo, 29,90 €/mes. Deste modo, as persoas que vían moi limitado o tema das descargas se benefician notabelmente, mais dado que hoxe en día podemos levar a cabo practicamente todo con navegación web, a tarifa empeora notabelmente para a maioría. En calquera caso, as clientas actuais poderán manter as súas condicións de 100 GB de navegación e 5 GB de descarga, a menos que soliciten pasarse á nova modalidade.

Amena en Casa é unha alternativa moi interesante para aquelas persoas que ou ben teñen dificultades para acceder a unha rede fixa (fibra, coaxial ou ADSL) medianamente decente ou ben mudan frecuentemente de domicilio, xa que funciona con tan só conectar o router a un enchufe.

Sobre o autor

Reply