MediaTek anuncia novo procesador para dispositivos de saúde e fitness

MediaTek vén de anunciar un novo chipset que se engade ao seu portfolio, o MT2511, especialmente deseñado para dispositivos de saúde e fitness. Para iso conta cunha interface de biosensores que habilitan a adquisición de sinais a través da electrocardiografía (ECG) e fotopletismografía (PPG) ao mesmo tempo.

Entre as súas características destaca a súa eficiencia enerxética, con menos de 0,6 mA mentres captura PPG. Ademais, vén equipado cunha tecnoloxía exclusiva de MediaTek que incorpora o latexo do corazón por intervalos e 4KB de SRAM a fin de optimizar o consumo total do sistema para monitorear a frecuencia cardíaca durante o sono. Así mesmo, tamén integra un controlador de circuíto impulsado por LED para aforrar espazo no seu deseño.

Cun soporte para rango dinámico superior a 100db e unha alta frecuencia de mostreo desde 64 a 4 KHz, o MT2511 elimina a interferencia e artefactos de movemento cando colecta os sinais eléctricos do corazón.

En canto a deseño, ser flexíbel permítelle traballar coas plataformas de IoT e wearables xa existentes de MediaTek para Android Wear, tanto sistemas con pantalla como sen ela, así como á par cun SoC ou unha unidade de microcontrolador.

O MediaTek MT2511 comezará a producirse na primeira metade deste ano.

Deixa un Comentario