Voyage V4 e Voyage V6, o novo de Haier no MWC

Haier é unha marca que de seguro moitas coñecedes pola súa liña de televisores e electrodomésticos. Porén, nos últimos anos a compañía fixo un especial esforzo de actualización, co obxectivo de engadir novas liñas de produto, entre as que destaca a súa nova gama de smartphones.

Durante o MWC a marca anunciou os novos Voyage V4 e Voyage V6, os seus buque insignia actuais, así como tamén unha nova liña de dispositivos de inferiores características e prezo, a Leisure.

O Haier Voyage V6 é a principal aposta da marca para os vindeiros meses. Conta cuns acabados en aluminio e formas lixeiramente curvadas, e no seu interior integra un procesador de oito núcleos a 2.0 GHz con arquitectura de 64 bits, acompañado de 3 GB de memoria RAM e 32 GB de memoria interna, ampliábeis por microSD.

haier voyage v6 - 1

A súa pantalla é de 5,5 polgadas e calidade FullHD (1920 x 1080), fabricada en cristal templado 2.5D ultrarresistente. A cámara principal é de 13 megapíxeles, con autoenfoque e dobre flash LED, mentres que no caso da cámara frontal temos un sensor de 8 megapíxeles, tamén con flash.

Vén equipado con lector de pegada dixitais e LTE Cat6 (até 300 Mbps). Como sistema operativo, leva Android 6.0, Marshmallow.

Por outra banda, o Voyage V4 ten unha pantalla FullHD (1920 x 2080) de 5,5 polgadas, procesador octa core de 64 bits a 1,3 GHz, 2 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna. As súas cámaras son de 13 e 5 megapíxeles, e só a traseira dispón de flash LED.

haier voyage v4 - 2

Tamén dispón de lector de pegadas dixitais na parte superior, batería de 2800 mAh e 4G, aínda que neste caso o deseño está menos conseguido que no V6. O sistema operativo é Android 6.0

haier voyage v4 - 1

En canto a prezos e dispoñibilidade, o Voyage V4 chegará no segundo trimestre do ano por 279 €, mentres que polo Voyage V6 haberá que agardar ao terceiro trimestre, e venderase a 349 €. Ambos os dous poderanse mercar en cor prata, ouro, gris e rosa.

Sobre o autor

Reply