Así son as zapatillas conectadas nas que traballa Vodafone

O mundo dos wearables, máis aló de reloxos e pulseiras cuantificadoras, aínda está por explorar. Porén, nunha feira como o MWC non podían falar todo tipo de prendas conectadas, entre as que quixéramos destacar estas zapatillas conectadas que desenvolve Vodafone en colaboración con outras empresas.

8a6627b4-0017-43db-ab46-c38170417749-segments

Como se pode ver no gif anterior, son unhas zapatillas correntes que levan baixo a plantilla do pé unha tarxeta SIM e sensor GPS, de tal xeito que nos permiten xeoposicionar a quen as emprega. Funcionan grazas a unha batería que se carga a través duns pins situados na parte traseira, como podemos ver na seguinte imaxe.

zapatillas vodafone - 2

Están deseñadas pensando en dous tipos de usuarias: por unha banda menores, e por outra xente que poida ter alzheimer ou enfermidades semellantes.

As persoas responsábeis (nais e pais, habitualmente) poden acceder a unha aplicación para comprobar en todo momento onde se atopa a usuaria ou establecer unhas delimitacións xeográficas, de maneira que cando a utente da zapatilla abandona esa área saltará unha alarma.

Polo de agora non se coñece a data da súa comercialización, aínda que segundo nos comentaron podería ser este mesmo ano. Que vos parece a idea?

Sobre o autor

Reply