WhatsApp permite enviar documentos na última versión

Entre as funcionalidades que se botaban de menos en WhatsApp estaban o envío de documentos, algo que hai unhas semanas confirmamos que estaba en camiño, logo de terse filtrado polos arquivos de tradución da app.

whatsapp docs - 1

Descargando a última versión desde a páxina oficial podemos comezar a disfrutar desta nova opción, de maneira que cando clicamos no botón de “compartir” xa nos aparece a opción de “documentos”. Nela podemos escoller calquera ficheiro tipo doc, docx, pdf, ppt, etcétera, axilizando os envíos fronte outras opcións tradicionais, como o correo electrónico.

whatsapp docs - 2

Se queredes comezar a usar esta nova opción, só tedes que descargar a aplicación desde a web de WhatsApp.

Sobre o autor

Reply