As tarifas Vodafone Yu xa están dispoñíbeis no fogarcomo +Líneas Yu

As tarifas Vodafone Yu, orientadas ao público máis novo, chegan agora ao fogar como +Líneas Yu, podendo ser contratadas por clientes de Vodafone One ou dos plans Red.

As liñas +Líneas Yu inclúen 2 GB de navegación a velocidade 4G+, chamadas e sms ilimitadas a outros clientes Vodafone Yu (sexan prepago, contrato ou +Líneas Yu), así como 100 minutos ao mes a chamadas a calquera outro operador.

Teñen un prezo de 15 €/mes, e poden contratarse a partir de mañá.

Deixa un Comentario