Movistar lanza unha promo para ver a oferta premium de TV por 15,50 €/mes

Coa competencia pola velocidade de conexión estancada, logo de que todas as operadoras estén a ofrecer opcións por riba dos 300 Mbps (outro tema é que ofrezan cobertura), a loita polas clientes sitúase nos contidos. Por iso Movistar vén de lanzar unha promoción que permite ver toda a oferta premium de televisión, cun valor de 65 €/mes, por tan só 15,50 €/mes, aínda que só durante 3 meses.

A promoción inclúe acceso a todos os contidos de televisión do paquete “Premium Extra”, no que está todo o fútbol (Liga BBVA, Liga Adelante, Champions, Europa League, Ligas Europeas…), todo o deporte (Liga ACBE, NBA, Master de Tenis, Golg, Rugby, Fórmula 1, Mundial de Motociclismo…), todo o cinema e series, ademais das canles premum de “Caza y Pesca”e e “Música Clásica”.

A promoción está dispoñíbel para novas clientas, que deberán contratar Movistar Fusión dando de alta un ADSL ou Fibra.

Deixa un Comentario