Travelair AC e Travelair N, dúas novas unidades de almacenaxe externa de Asus

Asus anunciou hai uns días dúas novas unidades de almacenaxe externa de formato reducido que permiten facer copias de seguranza e streaming de contido a través de comunicacións sen fíos. Ambas soportan a conexión simultánea de até 5 dispositivos para transferir arquivos ou até 3 no caso de estar reproducindo vídeo HD en streaming.

A primeira delas é a Travelair AC, que incorpora o estándar WiFi 802.11ac DualBand e 32 GB de almacenaxe Flash que se complementa cun lector de tarxetas SD. Dispón de até 10 horas de autonomía e ten un PVP de 75 €.

TravelAir N

Con 1 TB de almacenaxe HDD, conectividade 802.11 b/g/n, lector de tarxetas e batería de 3300 mAh (até 8 horas de auotnomia), coa Travelair N podemos almacenar milleiros de arquivos. Ademais, está equipada con SuperSpeed USB 3.0 para disfrutar de transferencias ultrarrápidas co PC ou Mac. Custa 159 €.

Ambos modelos inclúen NFC de un toque e poden ser controlados desde a aplicación ASUS AiDrive, que ofrece a posibilidade de navegar, reproducir, compartir e administrar os arquivos almacenados no Travelair desde os nosos Android, iPhone / iPad ou Kindle Fire.

Deixa un Comentario