R lanza ‘TV comigo’, a nova televisión web da operadora, tamén para Android

A operadora galega R vén de lanzar tv comigo, un servizo que permite ás clientas que teñen contratados servizos de televisión disfrutalos noutros dispositivos, como móbiles, tablets ou un ordenador.

Trátase da versión final de “tv R web”, adaptada aos requerimentos das canles de televisión dispoñíbeis na plataforma (28 na actualidade), aínda que tren algunha outra limitación de acceso a ter en conta:

  • Acceso desde escritorio: para acceder desde un ordenador (PC, Mac, portátil…) é preciso empregar o navegador Chrome, aínda que aseguran estar traballando na compatibilidade con Edge (Explorer), Firefox e Safari.
  • Acceso desde Android (smartphones ou tablets). É preciso instalar a aplicación tv contigo, sendo necesario dispór dunha versión posterior a Android 4.3.
  • Acceso desde iOS. Aínda non está dispoñíbel a aplicación, polo que as usuarias destes sistemas operativos deben empregar a app usuarios servicios R.

tv comigo r

Así mesmo, a aplicación só pode estar instalada en 5 dispositivos a un tempo, aínda que só se pode empregar nun á vez (agás baixo a rede R). Algo semellante ocorre co límite temporal, onde está limitado o acceso mensual desde redes non-R a 420 minutos (7 horas), sendo ilimitado sobre servizos R. En calquera caso, a operadora tampouco permite o acceso a través da rede 3G, dado que media hora de emisión supón arredor de 250 MB de datos.

Ademais das canles incluídas no servizo tamén se poden atopar contidos de rebobina, dacordo coa oferta contratada, e de ser posíbel haberá varias pistas de audio en diferentes idiomas.

Que vos parece este novo servizo?

Vía

No Responses

Deixa un Comentario