Xa podemos pedir un taxi na Coruña desde a app “1 taxi”

O uso dos smartphones acostumounos a empregar cada vez menos o noso smartphone para falar. Do mesmo xeito que antes de preguntar consultamos no noso móbil os tempos de espera do autobús, o sector do taxi actualízase con aplicacións que nos permiten solicitar un servizo sen ter que falar cunha operadora.

En moitas cidades levan tempo funcionando aplicacións que nos permiten pedir un taxi, mais no noso país o tema non está de todo desenvolto, aínda que cada vez son máis os concellos nos que funciona algún servizo concreto. Radio Taxi Coruña vén de anunciar que xa operan con 1 Taxi, unha aplicación que ten cobertura en máis de 600 concellos ao longo do Estado.

O seu funcionamento é moi sinxelo, non hai máis que entrar na app e seleccionar un enderezo ou ubicación onde pretendemo que nos recollan. Deste modo, xérase unha confirmación e se nos envían os datos do taxi que mandan recollernos. Ademais, no caso de non haber un dispoñíbel, facilítasenos o contacto co Radio Taxi máis próximo, para non ter que andar a buscar un pola nosa conta.

app-1taxi

Polo de agora, o pago do servizo hai que facelo en man (ou con tarxeta, se a taxista dispón do servizo), como até o de agora, mais estase traballando para que nunha futura actualización a aplicación permita facer o pago na propia app.

Podedes descargar a aplicación na Play Store.

Deixa un Comentario