Hama anuncia un cargador rápido para o coche

O fabricante de accesorios Hama vén de anunciar o lanzamento dun novo cargador dixital para coche, capaz de alimentar simultaneamente dous dispositivos. Porén, o que fai especial este novo accesorio é que conta con función de carga rápida, con capacidade até 3400 mAh (1 x 2400 mAh e 1 x 1100 mAh).

hana cargador coche - 1

Ademais, o cargador dispón de función de autodetección, para que independentemente o dispositivo que conectemos non teñamos que nos preocupar de realizar configuracións adicionais. Tamén integra un indicar LED de voltaxe e outro acústico de batería baixa, para coñecer o estado da carga en todo momento.

hana cargador coche - 2

Trátase dun accesorio universal, que permite cargar todo tipo de equipos, desde smartphones a tabletss, pasando por navegadores GPS; reprodutores MP3 e calquera outro trebello con conexión USB.

O dispositivo xa está venda por 24,99 €

No Responses

Deixa un Comentario