Radiomize, un rato que pode acabar no volante dos nosos coches

Moito se fala da conducción autónoma, conectividade dos coches, seguridade preventiva… pero desde Melbourne chéganos cunha curiosa innovación: Radiomize, un rato táctil que se podería integrar co volante e con el manexar o noso smartphone.

radiomize coche 02

A idea de Radiomize é que se conecte co smartphone por Bluetooth e sexa alimentado cunha pila de botón, para así manexar a golpe de dedo as diferentes funcións do terminal: subir ou baixar volume da música que se reproduce co smartphone, reproducir mensaxes con voz, facer scroll nas mensaxes,…

Como innovación sobre un mans libres tradicional no está mal, pero desde o blog remendamos presar a máxima atención mentres conducimos; se queremos atender as notificacións que nos chegan o mellor é parar o coche.

Polo de agora, Radiomize só é un proxecto de Indiegogo que busca financiación, e a cifra que manexan é duns 50.000 dólares para levalo a producción.

Deixa un Comentario