Comezan os teaser do HTC One M10

HTC non quixo arriscar e decidiu non presentar o seu buque insignia no MWC de Barcelona, imaxinamos que para non ter que medirse cos dous grandes xigantes surcoreanos, Samsung e LG. Estamos a falar do HTC One M10, un dispositivo co que parece que queren dar que falar, e non é para menos, porque esta pode ser a oportunidade definitiva para non perder o tren e acabar desaparecendo ou en mans de outras.

O primeiro vídeo, como veredes, non di moito, mais é toda unha declaración de intencións, unha mensaxe de que traballaron arreo para sacar adiante un produto no que houbo o esforzo de facer algo diferente.

Porén, como non é doado gardar segredos nesta industria, xa circula pola rede a primeira imaxe do disposivio no seu acabado branco, que ten esta pinta.

htc one m10 filtrado

Que vos parece?

Sobre o autor

No Responses

Reply