Primeiras informacións dos Oppo R9 e R9 Plus

O vindeiro 9 de marzo Oppo dará a coñecer dous novos dispositivos, o Oppo R9 e Oppo R9 Plus, dos que veñen de coñecerse parte das súas especificacións por mor dos certificados TENAA.

Segundo parece, as maiores diferenzas terémolas no tamaño das pantallas e das memorias internas: mentres o Oppo R9 apostará por un panel de 5,5 polgadas e 32 GB de memoria, a versión R9 Plus subirá até as 6 polgadas e os 64 GB de memoria interna, ampliábel en ambos casos mediante tarxetas microSD.

Ambos os dous levarán o mesmo procesador, un modelo de oito núcleos aínda por concretar, así como 4 GB de memoria RAM.

En tan só 5 días poderemos coñecer o resto de prestación destes novos produtos chegados da China, e seguramente tamén teñamos información sobre o prezo e a súa posíbel comercialización europea.

Sobre o autor

Reply