Mininovas Android: a malla da semana

Xiaomi acadou 14 millóns de terminais Mi5 reservados

xiaomi mi5 filtrado

O Mi5 que foi presentado no recente MWC, chegou á cifra de 14 millóns de unidades reservadas. Esta cifra debémola por en valor pois é un terminal que non é doado de atopar fóra da China. Polo tanto. Igual non todas as reservas se traducen en ventas, pero aínda así é unha mostra do interese do público polos terminiais de Xiaomi.

Como vos imaxinades, cando sairon á venta o día 1 de marzo o stock dispoñíbel esgotouse en minutos, pero nestes casos coma tantas outras veces non sabiamos o número de unidades postas á venta.

Xa se poden mercar as VR na Google Store

vr google store

Na tenda de Google dos EUA xa se poden mercar até tres modelos diferentes de gafas VR, ou gafas de realidade aumentada. Os tres modelos dispoñobéis son:

  • Google Cardboard
  • Mattel View-Master
  • Goggle Tech C1-Glass

Atoparédelas por un prezo que vai desde os 15$ até os 35$ da opción máis cara. Nesta ligazón, podedes coñecer os tres modelos de primeira man.

Xa ten acceso público a web do Google I/O 2016

google io 2016

Aínda coa resaca do MWC e xa temos o anuncio doutro dos eventos do ano, o Google I/O. Cunha visión menos comercial ca o MWC, o Google I/O e a cita para desenvolvedores máis importante do ano que se organiza no panorama Android.

Desde xa mesmo, está en liña a web do evento que se celebrá o día 18 de maio en Mountain View, CA no que se nada cambia coneceremos as novidades da nova versión de Android, Android N.

Esta é a ligazón que vos leva á web do evento.

O coche autónomo de Google tivo o seu primeiro accidente

coche autonomo google Lexus

Si, o titular non é exacto. Non é o primeiro accidente que ten pero si é o primeiro no que a culpa é do coche de Google. Segundo o comunicado da propia empresa, o Lexus RX450h autónomo golpou de xeito leve un autobús ao facer un cambio de carril.

O problema nesta accidente non foi que o coche de Google non detectara ao autobús se non que asumiu que lle ía ceder o paso e non foi así (nin estaba na obriga de facelo) pero isto só é unha mostra de que o software necesita ser pulido para comportarse dun xeito máis prudente neste tipo de situacións.

Facebook Messenger integrá Spotify

Integración Spotify FBMessenger

A app de FB Messenger xa permite introducir nas conversas entre usuarias cancións de Spotify de xeito nativo. É dicir, poderemos compartir unha canción dun xeito sinxelo pois a dúas apps estarán conectadas.

O proceso é doado: na conversa prememos na icona dos tres puntos, para ver as app compatíbeis con FB Messenger. Aparecerá Spotify. Ao premer sobre ela, atoparemos a opción de búsqueda de Spotify para atopar a app que queremos compartir. O noso contacto o que recibirá é unha foto do álbume que actuará a modo de ligazón.

Un paso máis para a integración total entre servicios cotiáns, que serve para que una app acade certa vantaxa sobre as competidoras.

Sobre o autor

No Responses

Reply