Así é o DELL Inspiron 15 serie 7000 (7559)

Desta volta tivemos a oportunidade de probar outro integrante da familia Inspiron, o Inspiron 15 da serie 7000. Esta equipa corresponde á serie máis potente que fabrica DELL no modelo Inspiron.

inspiron 15 01

Deseño, acabados e conexión

Como o nome indica, o Inspiron 15 é un portátil de 15,6 polgadas con teclado númerico completo o que fai que sexa unha equipa grande. As súas dimensións son de 383 x 265 x 25,3 mm, cun peso total de 2,72 kilos, que se queda en 2,57 kilos se non eliximos a funcionalidade tátil.

Este portátil conta con bos acabados en plástico con certo tacto gomoso na parte superior e plástico tradicional para o resto, todo moi ben axustado que da sensación de calidade e visualmente moi atractivo ao misturar negro e vermello, como vedes nas capturas.

inspiron 15 02

Temos que sinalar que o teclado é retroiluminado e resistente a derrames.

En canto ás conexións destacamos tres portos USB 3.0, un porto HDMI, lector de tarxetas SD e un porto ethernet RJ45. Ademáis do porto de corrente propietario, un unico minijack 3.5mm. Como non pode ser doutro xeito conta con bluetooth 4.0 e dous micrófonos integrados que garanten un bo son cando mantemos conversas.

Hardware

O Inspiron 15 é unha equipa potente. Da nosa unidade de probas, que é a máis completa, destacamos:

  • Procesador Intel Core i7-6700HQ de 4 núcleos e 6 MB de caché (sexta xeneración).
  • 16 GB de RAM a 1600 Mhz.
  • NVIDIA® GeForce® GTX 960M GDDR5 de 4 GB.
  • 128 GB SSD + disco duro de 1 TB a 5400 rpm.
  • Pantalla tátil ultra HD (3840 x 2160) TrueLife.

Como imaxinades con este hardware é quen de realizar calquera tarefa por pesada que resulte e mesmo desfrutar os xogos máis recentes. Debemos sinalar que malia toda esta potencia, o Inspiron 15 está moi ben refixerado grazas a in sistema composto por dous ventiladores e tres saídas de aire polo que non atoparedes perdas de rendemento por excesos de temperatura. Cun uso normal, é difícil que os ventiladores comecen a funcionar polo que desfrutaremos dun uso moi silencioso.

Multimedia

A pantalla ultra HD posibilita ter unha boa experiencia reproducindo contido en alta definición. Esta pantalla fabricada por Sharp, ten un gran ángulo de visión que nos permitirá ver ben a pantalla desde moitos puntos. Ademáis a experiencia tátil é boa grazas á alta sensibilidade do pánel.

Para que a experiencia multimedia sexa completa, temos que destacar o sistema de altofalantes que integra a equipa na parte superior e un subwoofer na parte interior xestionados polo software Waves MaxxAudio® Pro, que traballando en conxunto, fan que notemos todos os detalles do son.

inspiron 15 03

Por esta mistura de software e hardware, as sensacións que experimentamos usando está equipa son moi boas.

Conclusións

O DELL Inspiron 15 serie 7000 é un equipa da que temos que ter claro como usala. É dicir, 2,7 kilos son moitos kilos polo que a nosa visión sobre este pc debe ser a dun portátil de escritorio que o podemos mover de cando en cando, pero non é a equipa máis axeitada se precisamos movela de xeito habitual.

Durante o noso tempo de uso, só atopamos un aspecto crítico: o rato integrado é mellorábel. Non tivemos unha boa experiencia, até o punto de ter que conectarlle un rato externo para mater a nosa productividade. Todo o contrario nos pasou co teclado, o cal nos resultou moi cómodo e o tácto das teclas é bo.

O prezo do modelo máis básico parte dos 999 euros, pero a nosa unidade de probas custa 1299€. Se pensades que este portátil é o que estades buscando, podedes ver todas as configuracións e prezos do Inspiron 15 serie 7000 nesta ligazón.

2 Comentarios

  1. Javier 7 Marzo, 2016 Responder
    • Álvaro M. Souto 7 Marzo, 2016 Responder

Deixa un Comentario