Diamond 2 Plus e Diamond 2 Note, os novos trebellos de Archos

Archos aproveitou a súa presenza no Mobile World Congress de Barcelona para dar a coñecer dous dos seus novos dispositivos, o Diamond 2 Plus e o Diamond 2 Note, trebellos que son quen de combinar prestacións avanzadas, deseño coidado e prezos moi axustados.

Archos Diamond 2 Plus

O Archos Diamond 2 Plus incorpora unha pantalla IPS FullHD (1920 x 1080) de 5,5 polgadas, cos bordes lixeiramente curvados (2.5D), co que se conseguen ángulos de visión extra e cores máis brillantes. No seu interior incorpora un procesador MediaTek Helio P10 (de 8 núcleos, con LTE Cat6), 4 GB de memoria RAM e 64 GB de memoria interna ampliábeis por microSD de até 128 GB.

Diamond 2 Plus 1

A súa cámara frontal é de 8 megapíxeles, con gran angular e flash, mentres que no caso da cámara traseira temos un sensor de Sony de 20,7 megapíxeles. Ademais vén equipado con conector USB Tipo C, sensor de pegada dixital, dual SIM, 3000 mAh de batería e Android 6.0 Marshmallow.

Diamond 2 Plus 3

Está previsto que se poña á venda no mes de maio por 299,99 €, converténdose nun dos primeiros dispositivos en ofrecer 4 GB de RAM e 64 GB de memoria por baixo do umbral dos 300 euros.

Archos Diamond 2 Note

Por outro lado, a segunda gran novidade de Archos é o Diamond 2 Note, un dispositivo de pantalla IPS de 6 polgadas e calidade 2K sen apenas bordes. Isto permite que no tamaño habitual dun dispositivo de 5,5 polgadas teñamos 0,5 polgadas máis de pantalla.

Diamond 2 Note 1

Internamente, este trebello tamén aposta por un procesador MediaTek, neste caso o Helio X10, tamén de 8 núcelos. Vén acompañado por 3 GB de memoria RAM e 32 GB de memoria interna, ampliábeis por microSD de até 128 GB.

A súa batería é de 3600 mAh, con sistema de carga rápida que permite cargar até o 80% en 45 minutos. Integra ademais dual SIM, control remoto, un sistema de son intelixente PA e sensor de pegadas dixitais.

No apartado das cámaras, a principal é un sensor de 16 megapíxeles, con gravación de vídeo 4K, mentres que no caso da frontal temos un sensor de 8 megapíxeles gran angular. Como sistema operativo, aposta por Android 6.0 Marshmallow.

Estará dispoñíbel no mes de maio por 349,99 €.

One Response

  1. Rubenix 8 Marzo, 2016 Responder

Deixa un Comentario