Xa se pode mercar o Geeksme GME1 en tendas Vodafone

Geeksme vén de anunciar unha colaboración con Vodafone, grazas á cal poderemos mercar o seu reloxo GM1 nas tendas da operadora de 12 cidades, entre as que está A Coruña, sumándose así ás canles online a través das que podíamos mercalo até o de agora.

Concretamente, estamos a falar das seguintes tendas VodafonePraza Pontevedra, 2 (A Coruña), Avenida Maisonnave, 20 (Alacánt); Carrer Portal del Ángel, 36 (Barcelona), Diagonal, 601 (Barcelona); Ercilla Kalea, 42 (Bilbao), Avenida Concepción, 1 (Córdoba), Calle Bravo Murillo, 147 (Madrid), Avenida de Carlos III el Noble, 20 (Pamplona), Calle Txurruka, 9 (San Sebastián); Calle Castillo 64 (Sta Cruz de Tenerife), Calle Jesús de Monasterio, 22 (Santander), Calle Colón, 50 (Valencia) e, en Victoria, na Calle Eduardo Dato, 10.

Tal e como comentamos días atrás, cando publicamos a nosa análise do GME1 de Geeksme, o dispositivo conta con catro modos, g!fitness, g!sleep, g!love e g!ecological, que nos permiten levar conta da nosa actividade física, do sono, do rendemento sexual e a pegada ecolóxica.

Incorpora unha pantalla táctil OLED de cristal templado, 12 luceciñas LED que indican o progreso das metas diarias, 55 mAh de autonomía (6 días aproximadamente) e está dispoñíbel en catro cores (negro, morado, beige e verde). É compatíbel tanto con Android como con iOS, e custa uns 95 €.

Deixa un Comentario