Vodafone TV chegará ás clientas ADSL o 14 de marzo

A partir do 14 de marzo Vodafone equiparará toda a súa oferta televisiva de Vodafone TV, logo do pequeno caos producido tras a compra de ONO, mantendo TiVo ás persoas que dispuñan de conexións de fibra e Vodafone Box para aquelas que accedían a través de redes ADSL.

A partir de mediados de mes estará dispoñíbel a nova oferta de Vodafone TV para ADSL directo, que inclúe un novo decodificador avanzado compatíbel cos contidos en Ultra HD ou 4K. Grazas a isto, as persoas que non teñen acceso ás redes de fibra poderán ter acceso a unha oferta semellante de canles á que teñen agora os que usan TiVo.

Para poder empregar o novo Vodafone TV con ADSL será preciso ter unha conexión a Internet de cando menos 6 Mbps. De cumprirmos este requerimento técnico xa poderemos ter acceso aos mesmos paquetes e servizos de TV que hai dispoñíbeis para a fibra, nos que se inclúe o fútbol e videoclub, control do directo, acceso ao emitido nos últimos sete días ou Netflix.

vodafone tv

As clientas de Vodafone TV tamén poderán disfrutar dos contidos a través do seu smartphone ou tablet, así como do ordenador, para o que hai habilitada unha web específica ( http://www.vodafonetvonline.es/ ) compatíbel con calquera navegador. Esta é unha das funcionalidades que máis están a demandar as usuarias, xa que grazas ás novas redes podemos disfrutar do streaming de calidade en calquera lugar, o que nos permite, por exemplo, poñer ao día as nosas series mentres viaxamos.

En canto a prezos, o paquete TV Esencial ten un custe que varía entre os 12 €, caso de ter One S, 6 € para clientes con One M e gratis para One L. Adicionalmente, para disfrutar do paquete TV Extra haberá que pagar 6 € adicionais, e outros 6 € para o paquete TV total. En calquera caso, durante tres meses é gratuíto para atodas as clientas.

Aquelas persoas que queiran disfrutar do fútbol tamén poden cotnratar BeIN Sports por 10 €, inlcuíndo a Champions, a Liga e a Copa.

Que vos parece?

Deixa un Comentario