Mininovas Android: a malla da semana

Google Now recoñece texto pola cámara do smartphone

Google now on tap

O asistente de Google quere chegar a ser o asistente total e en cada actualización sacan unha nova funcionalidade que nos fai máis doado atopar a información que precisamos. Desde a última actualización, Google Now on Tap é quen de obter texto a través da cámara. Esta función completarase nun futuro, recoñecendo números co que poderá identificar números de teléfomos para gardar na axenda.

FB Messenger xa ten Material Design

fb messenger material design

Esta semana FB Messenger recibiu por fin o redeseño que se levaba tempo agardando para adaptarse por fin ao novo (xa non tanto) estilo de Android en canto a deseño, chamado Material Design.

Con esta actualización de deseño veremos unha nova barra de navegación, botóns, … que fan que a app estea máis integrada nos terminais Android máis recentes que xa contan con Material Design.

Apple confirmou o día 21 de marzo para celebrar a súa keynote

iMisa

Esta semana soubemos que a data elixida para a súa primeira keynote do ano é o 21 de marzo desde Cupertino, CA. Neste evento crese que van presentar a actualización do seu OS ademáis dun iPhone de 4 polgadas e unha versión máis reducida do iPad Pro. Se é certo ou non, o día 21 sairemos de dúbidas.

Así foi o accidente do coche autónomo de Google

Na malla da semana pasada, falabámosvos do primeiro accidente dun coche autónomo de Google no que a culpa foi del. Daquela aínda non había imaxes do accidente. Agora que xa as temos, queremos compartilas con vós:

Só foi un pequeno susto, que demostra que aínda queda traballo por facer.

Morreu Ray Tomlinson, o pioneiro do correo electrónico

ray tomlinson

O pasado sábado, aos 74 anos de idade morreu Ray Tomlinson que era considerado por todas coma o padriño do correo electrónico. Fai 40 anos, Ray foi o que por primeira vez conseguiu desenvolver unha aplicacións que era quen de enviar mensaxes de ida e volta entre computadoras e tamén foi o que introduciu a @ nas direccións electrónicas.

Ray Tomlinson era un referente case anónimo para o público en xeral, pero cun peso moi importante na historia.

Deixa un Comentario