Analizamos o DELL Inspiron 13 serie 7000 2 en 1 (7359)

Nas últimas semanas puidemos estar a traballar cun dos produtos con máis posibilidades de DELL, o DELL Inspiron 13 serie 7000 2 en 1.

dell inspiron 13 01

Esta equipa forma parte da oferta de computadores convertíbeis que hai no mercado, pois é un PC 2 en 1 que pode ser usado como portátil tradicional ou tamén coma tablet, grazas ás súas funcionalidaes tátiles é ás súas bisagras 360 graos, que facilitan o seu uso coma tableta.

A unidade que probamos monta a configuración máis potente que podemos atopar e destacamos:

  • Procesador Intel® Core™ i7-6500U con 4 MB caché, até 3,10 GHz de sexta xeneración.
  • Pantalla táctil Full HD 1920×1080 TrueLife e gran ángulo de visión ancho de 13,3″.
  • 8 GB de RAM DDR3L a 1600 MHz (8 GB x 1).
  • Almacenamento de 256 GB SSD.
  • Tarxeta gráfica Intel® HD 520.
  • 1 slot para USB 2.0.
  • 2 slot para USB 3.0.
  • HDMI e slot para tarxetas SD.
  • Non conta con porto ethernet.

Con esta configuración podemos empregar o PC coma equipa principal para o noso día a día de traballo e se precisamos movernos con el a cotío, o seu peso é de 1,63 kilos, o que axuda a sentirnos cómodas en todo momento.

En canto ao seu rendemento, podemos afirmar que non haberá queixas entre as usuarias medias, pois o conxunto que forma o procesador Intel de sexta xeneración máis o disco duro de estado sólido e os 8 GB de RAM, fan que a equipa se mova con axilidade, pero pode quedar algo xusto para usuarias intesivas que busquen un PC para edición de vídeo ou traballos graficos pesados.

dell inspiron 13 03

Como vos comentabamos, é un convertíbel que se pode usar ao 100% coma se unha tablet. Ademáis, o Inspiron 13 incorpora un lápis óptico que podemos empregar para interactuar coa pantalla e así manexármonos con máis rapidez na versión tablet de Windows 10.

Non por ser unha equipa relativamente potente, ten unha mala autonomía. O PC monta unha batería que é quen de darlle unha autonomía entre 6 e 7 horas, xogando un pouco co brillo. Se precisamos mantelo en níveis altos e dependendo do uso, poderemos chegar até as 4horas de autonomía.

Conclusións

En canto ao plástico elixido para a construcción debemos sinalar que ten un bó acabado, e sen transmitir as sensacións do aluminio, podemos dicir que é unha equipa de boa calidade. Ademáis gustounos moito o tacto tanto do rato coma do teclado que monta o Inspiron 13, que ademáis é retroiluminado para facilitar o seu uso en condicións de pouca luz.

O Inspiron 13 da serie 7000 2 en 1 podémolo atopar desde 679 euros na súa configuración máis básica. Se pensades que é a equipa que estades a buscar, nesta ligazón atoparedes todos os prezos e configuracións.

2 Comentarios

  1. Eu 14 Marzo, 2016 Responder
    • Álvaro M. Souto 14 Marzo, 2016 Responder

Deixa un Comentario