Aberta a compra anticipada do LG G5 por 699 €

Xa está aquí. O LG G5, anunciado durante o Mobile World Congress de Barcelona, xa se pode pre-mercar no noso país por 699 €. Ademais, se o facemos antes do 31 de marzo levaremos totalmente de balde dous módulos adicionais (LG Friends).

O novo buque insignia de LG é o primeiro smartphone modular que se pon á venda, e xunto co seu acabado metálico e a batería extraíbel, destaca pola súa dobre cámara principal, que ademais é gran angular, acadando os 135 graos para unhas imaxes moito máis completas.

lg g5 always on

O LG G5 incorpora unha pantalla IPS Quantum Display QuadHD de 5,3 polgadas, con función always on, que nos permite ver as notificacións en todo momento, sen ter que andar acendéndoa ao completo. No seu interior alberga o procesador máis avanzado de Qualcomm, o modelo Snapdragon 820, que vén acompañado de 4 GB de memoria RAM e 32 GB de memoria interna, ampliábeis mediante tarxetas microSD que poden acadar os 2 TB de capacidade.

No apartado fotográfico, leva dobre cámara principal de 16 megapíxeles e gran angular; na frontal apostaron por un sensor de 8 megapíxeles. Polo demais, o LG G5 vén equipado cun sensor de pegadas dixitais, situado na parte traseira, e USB Tipo C con carga rápida.

Promoción de lanzamento

Como promoción de lanzamento, aquelas persoas que accedan á compra anticipada levarán de regalo dous módulos adicionais. Trátase do LG Cam Plus, que convirte o smartphone nunha cámara compacta engadíndolle controis e batería adicional, e o LG Hybrid Battery, unha batería – cargador extra que permite dispór de 2800 mAh extra de batería para afrontar o día.

lg g5 compra anticipada

A promoción estará dispoñíbel até o 31 de marzo e para poder disfrutala hai que cubrir este formulario se se merca nalgunha das tendas asociadas (El Corte Inglés, Carrefour, Vodafone). No caso de mercarse a través da tenda online de LG non hai que facer nada.

Sobre o autor

No Responses

Reply