Orange dálle unha volta á multiSIM

Moitas operadoras ofrecen un servizo chamado multiSIM, que nos permite ter duplicados das nosas tarxetas SIM para ter servizo noutros trebellos. O habitual é que con elas se nos permita ben facer chamadas ou ben navegar, pero case nunca facer ambas cousas á vez.

Orange vén de darlle unha volta a este servizo, descatalogando as opcións dispoñíbeis até o de agora (SmartSIM e ECO) e pondo en marcha a nova multiSIM. As súas principais características son as que seguen:

  • Cota mensual do servizo: 4 €/mes. Insto permítenos tanto facer e recibir chamadas como navegar desde calquera das tarxetas SIM (é dicir, desde calquera dos nosos trebellos), co mesmo número.
  • Coste de activación por SIM: 3 € (máximo 5 tarxetas SIM).
  • Compatíbel con navegación en 4G ou 4G+ (se a tarifa o permite)
  • Incompatíbel con “4G en Casa”, a opción de Orange para navegar desde a casa.
  • Compártese tarifa, é dicir, os datos ou as chamadas consumidas en calquera das SIMs computan na mesma conta e tarifícanse segundo o contratado.
  • Non teñen período de permanencia.

O funcionamento das liñas é bastante sinxelo. Resúmese nos seguintes apontamentos:

  • Chamadas: recíbense simultaneamente en todos os dispositivos. Collemos no que queiramos.
  • Internet: o acceso a Internet está dispoñíbel desde todas as SIM á vez.
  • Buzón de voz: todas as liñas comparten o mesmo buzón de voz.
  • SMS: só se poden enviar ou recibir desde a tarxeta orixinal (principal).
  • Servizos extra: os servizos contratados tipo Orange Cloud, Deezer, Mi Orange…) están dispoñíbeis en calquera das tarxetas.
  • Servizos NFC: non son compatíbeis coas miltiSIM, só oca tarxeta orixinal

Como podemos ver, o servizo é moito máis sinxelo de entender e concentra nunha única oferta todas as opcións. Iso si, para aquelas persoas que precisaran algo máis sinxelo (por exemplo unha SIM para navegar coa tablet) a opción actual é máis cara, pois a SmartSIM custaba só 1 €/mes e agora serán 4 €/mes.

Podedes atopar toda a información nesta ligazón.

No Responses

Deixa un Comentario