Vodafone axustará prezos a cambio de máis datos, roaming e TV móbil

Durante un encontro de Vodafone cos medios durante o Mobile World Congress,o CEO da compañía deixou aberta a posibilidade de que houbese cambios nas tarifas de móbil, con algunha que outra suba a cambio de melloras nas características das mesmas.

Polo de agora descoñécese a canto vai ascender a suba, pero si cando se producirá: o 18 de abril. Desde ese día a meirande parte das tarifas de Vodafone incorporarán melloras que afectan tanto ás liñas móbiles, como ao fixo ou os produtos converxentes.

Tarifas con máis datos

Os nosos smartphones téñense convertido nuns auténticos comedatos. Poder facer máis cousas con eles obriga a termos tarifas cun maior volume dos mesmos incluído, de cara a poder disfrutar de todas as posibilidades que nos ofrecen. Vodafone aumentará significativamente a cantidade de megas en case todas as súas tarifas, quedando como segue:

  • +Línea XS: 500 MB (non cambia)
  • Mini S / +Línea Mini: 1,5 GB (actualmente 1 GB).
  • Smart S / +Línea S: 2 GB (actualmente 1,5 GB)
  • Red M / +Línea M: 4 GB (actualmente 3 GB)
  • Red L / +Línea L: 6 GB (non cambia)
  • Red XL: 10 GB (non cambia)
  • SuperYuser: 1,5 GB (actualmente 1,2 GB)
  • MegaYuser: 2 GB (actualmente 1,6 GB)

Roaming en Europa e nos Estados Unidos

No 2015 Vodafone decidiu eliminar o roaming nas tarifas Vodafone Red (M, L, XL e +Líneas equivalentes), de tal forma que as usuarias destas tarifas poden facer uso das chamadas e dos datos das súas tarifas nas viaxes a Europa e Estados Unidos, do mesmo xeito que se estiveran en España.

Coa actualización que hoxe coñecemos a eliminación do roaming chega a todas as tarifas de contrato, independentemente das súas características.

Vodafone TV para clientes de móbil

Vodafone tamén ofrecerá en todos os plans de móbil o pack Vodafone TV inicial, que inclúe 15 canles de televisión en directo (mesmo coa TDT). As usuarias poderán ter asociados até catro dispositivos diferentes e ter conectados dous a mesmo tempo.

Outros cambios

Xa por último, Vodafone ten previsto flexibilizar as chamadas de fixo a móbil, eliminando os límites e incluíndo nos plans minutos ilimitados fixo – móbil, tanto para clientes de Ono como para os de Vodafone. Así mesmo, a oferta de Internet móbil (para tablets ou pinchos) reducirase a 3 tarifas:

  • Internet Móbil S: 2 GB / mes.
  • Internet Móbil M: 6 GB / mes.
  • Internet Móbil L: 15 GB / mes.

Está previsto que Vodafone anuncie proximamente estas novidades oficialmente, así como os axustes nas tarifas para levalos a cabo. Que vos parecen?

[Actualización] 16/03/2016

Vodafone vén de facer públicos os novos prezos a aplicar desde o 18 de abril. Nas seguintes táboas pódense revisar:

prezos vodafone - 1

prezos vodafone - 2

prezos vodafone - 3

Vía

No Responses

Deixa un Comentario