LG K5 e LG K8, os novos terminais de entrada de LG

No CES de Las Vegas LG anunciou a renovación da súa gama media e de entrada coa aparición da serie K, da que formaban parte os K7 e K10. Agora a familia medra coa chegada dos novos LG K5 e LG K8.

LG K5

lg k5 - 1

O LG K5 é o modelo máis modesto dos dous que se presentaron. Incorpora unha pantalla de 5 polgadas e calidade FWVGA, e no seu interior leva un procesador de catro núcleos a 1,3 GHz, acompañado de 1 GB de memoria RAM e 8 GB de memoria interna, que poden ser ampliados mediante tarxetas microSD.

No apartado fotográfico atopamos unha cámara principal de 5 megapíxeles e unha frontal de 2 megapíxeles que conta con controis xestuais para poder sacar selfies dunha forma moito máis sinxela. A batería é de 1900 mAh e vén con Android 5.1, a versión anterior de Android.

LG K8

lg k8 - 1

Pola súa banda o LG K8 é, situándose na mesma gama, algo máis ambicioso nas súas especificacións. A pantalla é un panel IPS de 5 polgadas con resolución 720p, e no seu interior leva un procesador MediaTek MT6735 de catro núcleos, con arquitectura de 64 bits a 1,23 GHZ e 1,5 GB de memoria RAM. A memoria interna é de 8 GB, ampliábeis por microSD.

As cámaras do K8 son de 8 e 5 megapíxeles, para principal e frontal respectivamente; ademais, a cámara frontal tamén inclúe o seu flash LED. A batería fica nos 2125 mAh e como sistema operativo vén con Android 6.0 Marshmallow.

Dispoñibilidade e prezos

LG aínda non facilitou o prezo dos novos terminais, aínda que asegurou que o LG K5 estará dispoñíbel en tres cores (ouro, prata e titán), mentres que o LG K8 chegará en dourado, azul e branco.

Ambos os dous destacan polo seu deseño de bordes redondeados e os acabados premium que afastan estes dispositivos do concepto de terminais de entrada.

Que vos parecen?

Deixa un Comentario