PlantNet, o “Shazam” das plantas

De seguro que a meirande de vós coñecedes Shazam. Para quen non, trátase dunha aplicación que pon o noso móbil a escoitar unha canción que está soando e busca na Internet información sobre o tema (artista, albume, ligazón a YouTube e tendas de música…). Pois ben, baseada nesa idea nace PlantNet, unha ferramenta coa que podemos facer unha foto a unha planta que atopemos durante os nosos paseos polo campo para identificala.

A aplicación, que foi desenvolta por unha equipa francesa de investigadoras, ademais de identificar a planta axuda a catalogar outras especies da terra; é dicir, se buscamos unha planta temos que ter en conta que amosa os resultados de xeito local, polo que nalgúns exemplos poderíamos atopar algunhas carencias, posto que o catálogo aínda é limitado.

No vídeo que vos adxuntamos tedes unha completa descrición do funcionamento da aplicación, que podedes atopar nesta ligazón á Play Store para descargar totalmente de balde.

Deixa un Comentario