Sextastik, cantas calorías queimamos hoxe?

É importante non termos unha vida sedentaria, e desde aquí animámosvos a facer algún tipo de exercicio de maneira habitual, e sen chegar obsesionarse… pero canto máis habitual, mellor 😉 Por iso, para ver se o noso exercicio dá resultado e acadamos os obxectivos marcados, presentámovos Sextastik, unha aplicación que pretende medir o número de calorías queimadas durante as nosas relacións sexuais.

sextastik 02

A aplicación moi configurábel, permitíndonos seleccionar o lugar do encontro. Así é: podemos exercitarnos en calquera lugar que se nos ocorra ou apeteza (sempre mirando de non molestar a ninguén): a cama, o sofá, o parque… mais tamén o número de acompañantes: 1, 2, en grupo… ou, caso de sermos máis de nós mesmas, coa man.

Unha vez feito isto a aplicación comeza a medir a nosa queima de calorías e o total seranos amosado ao rematar o acto. Por suposto, poderemos compartir este resultado nas redes sociais, non vaia ser que teñamos en vilo á xente para ver como nos foi ou o ben que o pasamos.

sextastik 03

Poñámonos serios. Se realmente queremos medir isto dunha maneira máis axustada o mellor é que merquemos unha Geeksme GME1 como a que probamos  hai unhas semanas, pero como coña e para pasalo ben (ou se realmente queremos levar conta das nosas actividades sexuais) a aplicación cumpre sobradamente co obxectivo.

Podedes descargar Sextastik totalmente de balde desde a Play Store.

Deixa un Comentario