Mininovas Android: a malla da semana

Telegram xa soporta até 5000 persoas nun grupo

telegram

Telegram conta xa con “supergrupos” e reciben así porque poden soportar até 5000 membros. Por sorte estes grupos contarán con novas ferramentas para as moderadoras coas que facilitar a xestión dun grupo tan extenso ademáis de ferramentas específicas para evitar o spam.

Nestes grupos, as moderadoras poderán fixar información relevante na parte superior do grupo e recibirán unha notificación aínda que o terminal esteña en silencio. Agora estes “supergrupos” tamén se poderán facer públicos grazas a unha ligazón coa que poder uniser, ler ou enviar mensaxes.

Line aumenta o tamaño dos integrandes das chamadas grupais

line

Seguindo co tema dos tamaño dos grupos nas apps de mensaxería, desta volta foi Line a que aumentou o número máximo de membros dun grupo. Iso sí, é un grupo particular, pois até o de agora as actualizacións das competencia pasaban polos grupos de texto. Line fixo algo diferente, aumentou até 200 os número de persoas que poden participar nunha chamada.

Para que vos fagades unha idea, esta cifra é 8 veces superior á de Skype que é unha das apps máis destacadas para facer videoconferencias.

Google Maps xa permite pedir un taxi

Google Maps mytaxi

Unha nova pestana acaba de chegar a Google Maps. Con ela veremos os desprazamentos que podemos facer en taxi e mesmo pedir un servizo a Uber e amosar as tarifas. Outros servizos son: 99Taxis (no Brasil), Ola Cabs (India), Hailo (España e UK), mytaxi (España e Alemaña) e Gett (UK).

En España, unha vez instaladas as apps de Hailo e mytaxi, integraranse en Google Maps para comezar a usalas desde o mapa de Google. Iso sí, tede en conta que só funcionará en Madrid, Barcelona, Valencia e Sevilla.

Con esta integración o que conseguirmos é que Google Maps amose os tempos que tardamos en chegar ao destino en taxi, canto tardará en vir a recollernos ou prezo aproximado. Unha vez seleccionada a mellor opción para nós, accederemos directamete á app do servizo de transporte para contratar definitivamente o servizo.

Poderemos probar os xogos da Play Store antes de decargalos

streaming xogos play store

Nas vindeiras semanas, Google para Android ofrecerá a opción de probar os xogos antes des descargalos desde a opción de búsqueda, e así como xa pasa con algunas apps, xogar en streaming e logo decidir se o descargamos ou non. O tempo máximo durante o que podemos probar o xogo son 10 minutos.

Instagram deixará de amosar as fotos en orde cronolóxica

instagram

Segundo di Facebook as usuarias de Instagram perden ao redor do 70% co contido das súas contas, polo que pensaron que é axeitado non amosar as fotos que se suben de xeito cronóloxico coma até o de agora se non en función da importancia que teñen os teus contactos para ti. O criterio no que se basean é na cantidade de contido que sube o noso contacto ou o numero de veces que che gusta o seu contido.

Esta novidade chegará nos próximos meses e veremos como afecta ao día a día de moitas usuarias. Agardamos que esta nova orde non sexa unha imposición se non que intruzan a opción de mantar a aparición por orde cronolóxica para as que non lles gusten os cambios.

O Moto G2 do 2014 recibe Marshmallow

moto g 2

Esta semana tamén comezou a chegar Marshmllow á segunda xeneración do Moto G. Iso si, tede en conta que só a recibirán os modelos XT1068, que se corresponden cos modelos dualSIM. Polo tando, se tedes un destes modelos, nos próximos días tería que saltarvos a actualización vía OTA.

Whatsapp permitirá elixir o formato do texto

whatsapp llamadas

Estas son unhas semanas intensas para as apps de mesaxería. Desta volta a novidade chega a Whatsapp, xa que proximamente poderemos editar o texto das mensaxes podendo por a letra en cursiva ou negriña.

Se queredes probar xa esta nova funcionalidade, tedes que descargar a versión 2.12.529 desde o programa beta tester de Wahtsapp premendo nesta ligazón, pois polo de agora aínda non está integrada nas versións finais da aplicación.

Una vez descargada esta versión, o texto en negriña introducímolo poñendo as palabras que queremos resaltar entre asteriscos, mentres para introducir texto en cursiva, este ten que ir entre guións.

Deixa un Comentario