Poñen é venda as Google Glass Enterprise Edition antes do seu lanzamento

A finais de ano apareceron as primeiras imaxes das Google Glass Enterprise Edition, que viñeron a confirmar que Google non tiña esquecido o proxecto das futurísticas Glass, senón que estaban a darlle un enfoque diferente, orientándoas a un uso máis profesional e esnaquizando o soño de moitas que debecíamos por unhas.

google glass enterprise edition ebay - 3

A nova xeración das Google Glass vén de ser filtrada no seu aspecto final a través dun anuncio na tenda de subastas en liña eBay, onde unha usuaria púxoas á venda por 299 dólares, mais no momento de redactar esta nova xa vai polos 7200, preto de 6400 € co cambio de hoxe.

google glass enterprise edition ebay - 2

Esta nova versión das Google Glass non cambian demasiado o deseño orixinal, máis aló de ter as patillas plegábeis e incorporar un botón que permite activar algunhas opcións. O que si que cambian son as súas especificacións, cunha cámara  con luz LED para amosar que está a gravar, un novo porto de carga, procesador Intel Atom, maior batería, WiFi na banda de 5 GHz e resistencia á auga.

Que vos parecen?

Sobre o autor

Reply