Apple anuncia un novo iPad Pro de 9,7 polgadas

No mes de setembro de 2015 anunciouse, xunto aos novos iPhone 6S e iPhone 6S Plus, o iPad Pro, unha tablet orientada ao traballo en mobilidade e á produtividade, grazas a un teclado accesorio que a complementa. Hoxe anuncian, xunto co iPhone SE do que xa vos falamos, o iPad Pro de 9,7 polgadas, un dispositivo que combina o deseño do iPad Air con funcións do Pro orixinal.

ipad pro 9.7 - 3

Como é habitual en Apple, non se pararon demasiado a explicar a súas especificacións, máis aló de falar das 9,7 polgadas da súa pantalla (que é algo máis brillante ca as anteriores), do procesador que leva (o modelo A9X de 64 bits) e das súas cámaras, onde elixiron un sensor de 12 megapíxeles para a cámara principal e outro de 5 para a frontal. Ademais de todo isto, nos laterais incorpora un sistema de catro altofalantes, semellante aos do iPad Pro orixinal.

ipad pro 9.7 - 4

Por suposto, o novo iPad conta con soporte para o Apple Pencil e para o teclado Smart Keyboard, que se venderán á parte. Este último é un novo modelo máis pequeno, para adaptarse ao novo tamaño.

O novo iPad Pro de 9,7 polgadas poderase mercar desde 679 € (versión 32 GB só WiFi) ou 859 € (versión de 128 GB só WiFi). Ademais haberá unha versión de 256 GB de memoria por 1039 € e opcións con conectividade LTE.

Sobre o autor

Reply