Un vídeo amosa imaxes de Pokémon Go, o xogo máis agardado do ano

En setembro do ano pasado moitas seareiras da saga Pokémon recibiron unha boa nova: coincidindo co 20 aniversario do seu lanzamento, que celebramos neste 2016, chega Pokémon Go, un xogo que ademais vén acompañado dun wearable, a Pokémon Go Plus, para aumentar a xogabilidade.

Polo de agora nada sabemos de cando será anunciado oficialmente o xogo (pensabamos que se darían datas durante a Gamers Developer Conference – GDC de hai uns días), mais unha usuaria de YouTube vén de publicar un vídeo que amosa algunhas imaxes de como será o xogo. Estas foron gravadas durante unha conferencia sobre realidade aumentada que impartiu John Hanke – CEO de Niantic Labs, compañía implicada no desenvolvemento do xogo – durante o SXSW Gaming.

Pola súa banda, a Pokémon Go Plus non é máis ca aunha pulseira que convirte as rúas da nosa vila ou cidade nun enorme taboleiro de xogo, vibrando para avisar á xogadora de que pode capturar personaxes, ademais de poder usala a modo de pokeball.

Pokemon Go

Que vos parece? Vós tamén estades agardando o seu lanzamento?

Deixa un Comentario